viernes, 11 de mayo de 2012

BANDA DE LALÍN




 
A historia da Banda de Lalín está construída a través de cinco datas clave: 1942, 1963, 1975, 1977 e 1992.

Fundada en 1942, consistía de músicos doutras bandas do municipio actualmente desaparecidas. Baixo a batuta de D. Luís comezou a andadura da banda un total de doce músicos, unha cifra que aumentará gradualmente.

En 1963 a agrupación  foi reducida a só once músicos debido á emigración de gran parte dos seus compoñentes. Esta diminución de membros da plantilla
 provocou a disolución da Banda.

Esta situación extraordinaria no seu transcurso  histórico, terminou en1975 cando un grupo de músicos antigos desta e doutras formacións decidiron crear a Banda dos Veteranos.

O resultado dese resurxir musical en 1977 creou unha sociedade musical na que, coa entrada de novas persoas e ideas, formou a Banda Cultural Lalín.



Xa en 1992, coincidindo coa chegada do holandés D. Marcel van Bree, e a incorporando a esta agrupación de alumnos dConservatorio de Música recén creado en Lalín, a banda cambiou o seu nome para o presente: Banda de Lalín.
         

De outubro de 2004 ata febreiro de 2007 foi liderada polo italiano D. Matteo G. Aderi. Hoxe é director o holandés Bram Sniekers, co cal a banda está pasando por unha evolución tanto musical como de difusión.



            






Bram Sniekers, Director

E-mailImprimirPDF
Naceu en Roermond (Holanda), estudou trompeta e dirección de orquesta no Conservatorio de Maastricht con Theo Wolters(trompeta),  Enrico Delamboye Jan Stulen (dirección de orquesta).


Asistiu a  clases maxistrais de dirección con Sir Neville  Marinne, Vince Mendoza e Jan Cober

Foi trompeta solista na 
Real  Banda Militar  en La Haye, tocando baixo a batuta de Pierre Kuijpers, Alfred Reed, James Barnes,Pablo Sánchez Torella y  Hardy Mertens. Con esa banda tocou  como solista os  concertos para trompetade Aratiunian, Haydn e Hummel.Colaborou con orquestras sinfónicas, como  .Netherlands Radio Symphony Orchestra, Royal Concertgebouw Orchestra, Residencia Orquesta de La Haye, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Real Filharmonía de Galicia ou a Orquesta de Cadaques, con directores da talla de Maris Jansons, Sir Neville Marinner, Rostropovich e John Adams.


Dirixiu como titular as bandas sinfónicas   "Philharmonie" de Leende, "Wilhelmina" de Posterholt e "Banda Sinfónica" de Drunen como  invitado a banda Symphonic Impulse (Limburg) e A Banda Municipal de Pontevedra.

Desde 2007 é director titular da banda sinfónica , Banda deLalín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario