lunes, 4 de junio de 2012

BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE



A historia da Banda de Música de Vilatuxe empeza cando, no ano 1944, a fundan doce mozos. en 1951, accede á dirección o compositor e director Enrique García Rey, obtendo un notable éxito, xa que, ademais de dirixir compuxo pezas que acadaron fama, como o pasodobre Vilatuxe, Brisas Galaicas, Rapsodia Galega nº 1, etc, que siguen tocando moitas bandas galegas. En 1978 iniciou un novo camiño con antigos compoñentes e incorporando xente nova. Cabe resaltar que por primeira vez apareceron mulleres na plantilla. Nesta etapa destaca o directo José Barros, que estivo 12 anos, período no que a Banda participa en certames e festivais, dentro e fóra de Galicia, sendo en 1985, finalista no Certame Nacional de Bandas Populares de Madrid, acadando o segundo lugar. Nesta etapa inclúese unha Sección de Gaitas , que lle deu e da popularidade, propiciándolle frecuenmtes actuacións en distindos puntos da xeografía galega. Dende enton  segue participando en certames e festivais, en diferentes lugares, como Cangas, Melide, Pontevedra, Teo, Carballedo, Campolameiro, Tomar (Portugal), Ribadavia, etc. Actuou en varios programas da TVG. Durante a súa larga , houbo moitos directores. Cabe resaltar a labor de Jaime González Pichel (2003-2008), impulsor da gravavión do CD " Doce Mozos" ( homenaxe aos doce fundadores e, sobre todo, a José Fernández, O Xastre, clarinete da mesma), sendo o primeio director nacido en Vilatuxe, fundador do Festival de  Bandas e xuntamente con Luís González Pichel crean a Escola de Música en 1998, onde se forman durante todolos cursos escolares os alumnos para formaren parte da Banda, algun día.
A Banda evoluciona e vaise renovando , sobre todo con novos músicos procedentes da súa Escola.
Nesta nova etapa, tanto o Directo Victor Manuel Vilariño, como a Xunta Directiva e tódolos compoñentes da Agrupaciónteñen como primeiro obxectivo que a Banda se perfeccione cada día máis, porque a música é un arte, e como tal, sempre se pode mellorar, para iso co interés e dedicación dos seus Compoñentes e coa entusiasta canteira de futuros Músicos da Escola. Así éposible afrontar un repertorio musical variado e plural, tratando de manter unidas a música tradicional e a actual composta para bandas por compositores españois e extranxeiros, dando preferencia á música galega.
A Banda e a Escola pertencen a Asociación Cultural Nova Banda de Música de Vilatuxe, tendo como local o Auditorio, onde se realizan os ensaios, se dan as clases da Escola e se celebran perodicamente concertos, tanto da Banda, como da Xuvenil, así como O Festival da Bandas de Vilatuxe.



DIRECTOR


Víctor Manuel Vilariño Salgado
Inicia os seus estudos de solfexo á idade de 11 anos da man de Bernardo Hermidae inicia posteriormentena escola de música da Unión Musical Ponteledesma donde terá como profesor a Roberto Hermida, Luis González e Guillermo Sabarís.
Entra por concurdo-oposición na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia en 2002á idade de 15 anos onde se especializará en trompetacos profesores Javier Simó, Ramón ññaster e, ampliando estudos de análise da man de Jose Luís taurina ou de música de cámara con profesores como Ali Groen, Ester Viúdez, Jordi Mora...
Logo de permanecer por un período de 3 anos na Escola de Altos Estidos Musicais de Galicia ungresa por proba-oposición na Xoven Orquesta Sinfónica de Galicia, onde estudiará durante 2 anos co profesor de trompeta John Aigi Hurn.
Nese mesmo ano, o 2006, aproba no Conservatorio Superior de Vigo onde pasará a estudiar o Grao Superior cos profesores Javier Viceiro, Adolfo Carioz e Luís González. 
En 2008 entra na Joven Orquesta Nacional de España ( JONDE) donde permanece na actualidade.
Asistiu a numerosos cursillos con Javier Simó, Luis González, Xosé Rodíguez Ramos, Bo Nilson, Juan Lois, Benjamín Moreno, Antonio Cambres, Hakan Hardenberger...
Actuou baixo prestixiosas batutas como Rafael Freirburk de Burgos, Jordi Mora, Jim Ross, Ali Groen, Lutz Koller, Carlos Seráns, Miguel Rodríguez, Víctor Pablo, Javier Viceiro, Pablo González, Roberto Hermida, Rubén Jimeno, Gustavo Dudamel, Alberto Zedda, Josep Pons, Maximino Zumalave, Vicente Egea, Ross Marbá, Alejandro Posada, Cristobal Halffter, Pietro Rizzo, Miguel Romea, Cristian Zacarías, Vasily Petrenko...
Colaborou con numerosas orquestas das que destacan: JovenOrquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta da escola de Altos Estudios Musicais, Sinfonietta de Vigo, Orquesta Joven Teresa Carreño ( Venezuela), Orquesta Filarmónica de Pontevedra,Orquesta Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Simón Bolívar (Venezuela), Orquesta Ciudad de Granada, Real Filharmonia de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Castilla y León...
Está en posesión do título graduado superior licenciandose en 2010, acadando as mais altas calificacións. Actialmente imparte clases particulares ademais de ser profesor na escola da banda de música de Vilatuxe, ocupando o cargo de director ó tempo que prosegue os seus estudios de perfeccionismo orquestal colaborando con distintas orquestas sinfónicas.

sábado, 26 de mayo de 2012

BANDA DE MÚSICA POPULAR DE MUIMENTA



A Banda de Música Popular de Muimenta, constitúyese sobre o ano 1873, sendo a banda máis antiga do Concello de Lalín e unha das máis antigas de Galicia.
O fundador foi José Vilariño García, sendo relevado na batuta por: José Vilariño Vilariño, Eliseo Pedreira Fernández, Secundino Pedreira Prado, Manuel Gato Soengas, Cándido Alvarado Fernández, Anatole Pallás Fuertes, Higinio Gil Rodil, José Luis Pedreira Vilariño, José Luis Represas Carrera e José Bugallo Senra. Na actualidade o director da agrupación é Alberto Iglesias Paz.
Esta agrupación non suele participar en certamenes, debido a que todos os seus compoñentes ao non ser preofesionales da música traballan en outras actividades e non dispoñen do tempo que require preparar e asistir a estes eventos.
Interviu en varios programas da Televisión de Galicia, ( Ruada, Palco da Música, Galicia Enteira, etc), así como grabacións para a Radio Galega que despois foron emitidas en antena nos programas: A Nosa Radio y As Nosas Bandas de Música.
No ano 1997 lanza o seu primeiro disco, no 2000 o segundo e no 2003 graba o último traballo, todos eles  baixo a batuta do director e compositor José Luis Represas Carrera e o último coincidindo o último co 130 Aniversario da Fundación.


DIRECTOR
Alberto Iglesias Paz
Nace en Lalín, no ano 1981. Empeza a súa andadura musical da man do seu avó á idade de 10 anos. Mais tarde comeza o seu estudio profesional no Conservatorio de Lalín e posteriormente finaliza a súa carreira na Escuela de Música Superior do País Vasco ( Musikenke), na especialidade de saxofón.
Ao largo da súa traxectoria colaborou e colabora con diferentes agrupacións como a Banda de Lalín, a Banda Municipal de Silleda, a Banda Municipal de Ourense, a Banda Unión Musical Ponteledesma, Abanda Municipal de Santiago, a Banda de Santa Cruz de Ribadulla, a Agrupación " A nosa Música" integrada por cincuenta músicos da comarca Dezana...
Por outro lado, actuou baixo a batuta de prestixiosos directores como: Marcel van Bree, Henrie Adams, Mikel Rodrigo entre outros.
Estudiu e ampliou coñecementos , sobre o seu instrumento, con diferentes maestros: Pablo Coello, Eric Devallon, Jean-Deni Michat, Claude Delangle, Juan Manuel jiménez, Tomas Jerez...
Foi profesor en varias escolas de música nas que debemos destacar: Santa Cruz de Ribadulla, Chantada, Bandeira e Vilatuxe.
Actualmente combina as súas clases como profesor unstrumentista en Sanxenxo, Silleda e Ponteledesmacoa súa nova faceta como director da Banda de Música Popular de Muimenta.





viernes, 11 de mayo de 2012

BANDA DE LALÍN




 
A historia da Banda de Lalín está construída a través de cinco datas clave: 1942, 1963, 1975, 1977 e 1992.

Fundada en 1942, consistía de músicos doutras bandas do municipio actualmente desaparecidas. Baixo a batuta de D. Luís comezou a andadura da banda un total de doce músicos, unha cifra que aumentará gradualmente.

En 1963 a agrupación  foi reducida a só once músicos debido á emigración de gran parte dos seus compoñentes. Esta diminución de membros da plantilla
 provocou a disolución da Banda.

Esta situación extraordinaria no seu transcurso  histórico, terminou en1975 cando un grupo de músicos antigos desta e doutras formacións decidiron crear a Banda dos Veteranos.

O resultado dese resurxir musical en 1977 creou unha sociedade musical na que, coa entrada de novas persoas e ideas, formou a Banda Cultural Lalín.



Xa en 1992, coincidindo coa chegada do holandés D. Marcel van Bree, e a incorporando a esta agrupación de alumnos dConservatorio de Música recén creado en Lalín, a banda cambiou o seu nome para o presente: Banda de Lalín.
         

De outubro de 2004 ata febreiro de 2007 foi liderada polo italiano D. Matteo G. Aderi. Hoxe é director o holandés Bram Sniekers, co cal a banda está pasando por unha evolución tanto musical como de difusión.



            






Bram Sniekers, Director

E-mailImprimirPDF
Naceu en Roermond (Holanda), estudou trompeta e dirección de orquesta no Conservatorio de Maastricht con Theo Wolters(trompeta),  Enrico Delamboye Jan Stulen (dirección de orquesta).


Asistiu a  clases maxistrais de dirección con Sir Neville  Marinne, Vince Mendoza e Jan Cober

Foi trompeta solista na 
Real  Banda Militar  en La Haye, tocando baixo a batuta de Pierre Kuijpers, Alfred Reed, James Barnes,Pablo Sánchez Torella y  Hardy Mertens. Con esa banda tocou  como solista os  concertos para trompetade Aratiunian, Haydn e Hummel.Colaborou con orquestras sinfónicas, como  .Netherlands Radio Symphony Orchestra, Royal Concertgebouw Orchestra, Residencia Orquesta de La Haye, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Real Filharmonía de Galicia ou a Orquesta de Cadaques, con directores da talla de Maris Jansons, Sir Neville Marinner, Rostropovich e John Adams.


Dirixiu como titular as bandas sinfónicas   "Philharmonie" de Leende, "Wilhelmina" de Posterholt e "Banda Sinfónica" de Drunen como  invitado a banda Symphonic Impulse (Limburg) e A Banda Municipal de Pontevedra.

Desde 2007 é director titular da banda sinfónica , Banda deLalín.