lunes, 4 de junio de 2012

BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE



A historia da Banda de Música de Vilatuxe empeza cando, no ano 1944, a fundan doce mozos. en 1951, accede á dirección o compositor e director Enrique García Rey, obtendo un notable éxito, xa que, ademais de dirixir compuxo pezas que acadaron fama, como o pasodobre Vilatuxe, Brisas Galaicas, Rapsodia Galega nº 1, etc, que siguen tocando moitas bandas galegas. En 1978 iniciou un novo camiño con antigos compoñentes e incorporando xente nova. Cabe resaltar que por primeira vez apareceron mulleres na plantilla. Nesta etapa destaca o directo José Barros, que estivo 12 anos, período no que a Banda participa en certames e festivais, dentro e fóra de Galicia, sendo en 1985, finalista no Certame Nacional de Bandas Populares de Madrid, acadando o segundo lugar. Nesta etapa inclúese unha Sección de Gaitas , que lle deu e da popularidade, propiciándolle frecuenmtes actuacións en distindos puntos da xeografía galega. Dende enton  segue participando en certames e festivais, en diferentes lugares, como Cangas, Melide, Pontevedra, Teo, Carballedo, Campolameiro, Tomar (Portugal), Ribadavia, etc. Actuou en varios programas da TVG. Durante a súa larga , houbo moitos directores. Cabe resaltar a labor de Jaime González Pichel (2003-2008), impulsor da gravavión do CD " Doce Mozos" ( homenaxe aos doce fundadores e, sobre todo, a José Fernández, O Xastre, clarinete da mesma), sendo o primeio director nacido en Vilatuxe, fundador do Festival de  Bandas e xuntamente con Luís González Pichel crean a Escola de Música en 1998, onde se forman durante todolos cursos escolares os alumnos para formaren parte da Banda, algun día.
A Banda evoluciona e vaise renovando , sobre todo con novos músicos procedentes da súa Escola.
Nesta nova etapa, tanto o Directo Victor Manuel Vilariño, como a Xunta Directiva e tódolos compoñentes da Agrupaciónteñen como primeiro obxectivo que a Banda se perfeccione cada día máis, porque a música é un arte, e como tal, sempre se pode mellorar, para iso co interés e dedicación dos seus Compoñentes e coa entusiasta canteira de futuros Músicos da Escola. Así éposible afrontar un repertorio musical variado e plural, tratando de manter unidas a música tradicional e a actual composta para bandas por compositores españois e extranxeiros, dando preferencia á música galega.
A Banda e a Escola pertencen a Asociación Cultural Nova Banda de Música de Vilatuxe, tendo como local o Auditorio, onde se realizan os ensaios, se dan as clases da Escola e se celebran perodicamente concertos, tanto da Banda, como da Xuvenil, así como O Festival da Bandas de Vilatuxe.



DIRECTOR


Víctor Manuel Vilariño Salgado
Inicia os seus estudos de solfexo á idade de 11 anos da man de Bernardo Hermidae inicia posteriormentena escola de música da Unión Musical Ponteledesma donde terá como profesor a Roberto Hermida, Luis González e Guillermo Sabarís.
Entra por concurdo-oposición na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia en 2002á idade de 15 anos onde se especializará en trompetacos profesores Javier Simó, Ramón ññaster e, ampliando estudos de análise da man de Jose Luís taurina ou de música de cámara con profesores como Ali Groen, Ester Viúdez, Jordi Mora...
Logo de permanecer por un período de 3 anos na Escola de Altos Estidos Musicais de Galicia ungresa por proba-oposición na Xoven Orquesta Sinfónica de Galicia, onde estudiará durante 2 anos co profesor de trompeta John Aigi Hurn.
Nese mesmo ano, o 2006, aproba no Conservatorio Superior de Vigo onde pasará a estudiar o Grao Superior cos profesores Javier Viceiro, Adolfo Carioz e Luís González. 
En 2008 entra na Joven Orquesta Nacional de España ( JONDE) donde permanece na actualidade.
Asistiu a numerosos cursillos con Javier Simó, Luis González, Xosé Rodíguez Ramos, Bo Nilson, Juan Lois, Benjamín Moreno, Antonio Cambres, Hakan Hardenberger...
Actuou baixo prestixiosas batutas como Rafael Freirburk de Burgos, Jordi Mora, Jim Ross, Ali Groen, Lutz Koller, Carlos Seráns, Miguel Rodríguez, Víctor Pablo, Javier Viceiro, Pablo González, Roberto Hermida, Rubén Jimeno, Gustavo Dudamel, Alberto Zedda, Josep Pons, Maximino Zumalave, Vicente Egea, Ross Marbá, Alejandro Posada, Cristobal Halffter, Pietro Rizzo, Miguel Romea, Cristian Zacarías, Vasily Petrenko...
Colaborou con numerosas orquestas das que destacan: JovenOrquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta da escola de Altos Estudios Musicais, Sinfonietta de Vigo, Orquesta Joven Teresa Carreño ( Venezuela), Orquesta Filarmónica de Pontevedra,Orquesta Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Simón Bolívar (Venezuela), Orquesta Ciudad de Granada, Real Filharmonia de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Castilla y León...
Está en posesión do título graduado superior licenciandose en 2010, acadando as mais altas calificacións. Actialmente imparte clases particulares ademais de ser profesor na escola da banda de música de Vilatuxe, ocupando o cargo de director ó tempo que prosegue os seus estudios de perfeccionismo orquestal colaborando con distintas orquestas sinfónicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario